viernes, 13 de mayo de 2022

AÍ VEN O MAIO!!

 Esta semana démoslle a benvida á primavera cun Maio recitando e cantando o poema "Aí ven o Maio!" do autor ao que se lle dedica este ano 2022 as  LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.





martes, 8 de marzo de 2022

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe conmemoramos o día da muller, recordamos a gran loita das mulleres ao longo de anos, incluso séculos,  pola súa participación na sociedade defendendo e reivindicando a igualdade entre homes e mulleres.






viernes, 18 de febrero de 2022

ENTROIDO

 Encántanos o entroido!! Estamos rematando con todo entusiasmo os últimos detalles dos nosos disfraces. Que ben o imos pasar!!



SAN VALENTÍN

 Elaboramos un bonito agasallo co que quixemos  representar o gran cariño que sentimos polos nosos seres queridos. Esperamos que vos gustara!





viernes, 2 de abril de 2021

Plantamos leitugas!!!

O último día de clase, antes das vacacións de Semana Santa, acercámonos ata o horto a plantar unhas leitugas que, por suposto, estarán moi moi sabrosas. 


domingo, 7 de marzo de 2021

Visita Charo Pita

 O venres tivemos a sorte de contar coa visita de Charo Pita, prestixiosa escritora, actriz e contacontos galega; a cal ensinounos diversas técnicas de lectura, pronunciación e dramatización, entre outros contidos.

Dende o centro queremos agradecer a súa visita polo seu gran trato e polo ben que o pasamos con ela!!





Mural de Rosalía de Castro

 Como xa sabedes, o pasado día 24 de febreiro celebramos o día adicado á autora Rosalía de Castro. Así pois, todo o centro colaborou na creación dun mural conxunto, con diversas imaxes  vinculadas á obra de Rosalía.

Aquí podedes ver a parte que pintou o alumnado de 6ºde Primaria.





AÍ VEN O MAIO!!

 Esta semana démoslle a benvida á primavera cun Maio recitando e cantando o poema "Aí ven o Maio!" do autor ao que se lle dedica e...